Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

13 de maio

CONCERTO

EDSON ZAMPRONHA

Electroacústica e piano

Lamenti (2004): Lamenti establece un diálogo profundo cos madrigais renacentistas. En particular, coas súas figuras de lamento: lamentos sensibles, profundamente humanos, presentando cualidades ricas en sentimentos que no poden ser descritos a través de palabras, pero que poden ser trans-criadas a través da música. Por outro lado, a elección dun compositor renacentista ten relación co renacemento da sensibilidade que Zampronha propón para a música contemporánea recente, unha nova sensibilidade dentro dun humanismo contemporáneo. Lamenti foi composta nos Estudios de Música Electroacústica da Universidade de Birmingham, Inglaterra, en 2004.

Composición para piano III (1985)

Esta obra, moi influenciada polas primeiras experiencias electroacústicas de Zampronha, busca recrear no piano o impresionante universo de masas sonoras e espectros que evolucionan de forma impactante a partir de soamente tres notas. O piano transfórmase nunha xigante caixa de resonancias, o son enche todo o auditorio eo espectro do piano revela toda a súa forza. Ó principio os fragmentos de masas sonoras parecen soltos. Porén, pouco a pouco, obsérvase que se conectan e ó final constrúen unha enorme frase musical moi convincente e que abrangue toda a obra.

Memoria Irreal sobre Frauta (2010): Esta obra é unha das catro obras que compoñen o proxecto compositivo denominado Memorias de un Sueño. Este proxecto está inspirado no imaxinario remoto idealizado dunha Latinoamérica descoñecida e misteriosa. Memoria Irreal sobre Frauta explora o imaxinario da foresta, os seus sons míticos, máxicos e descoñecidos. En medio destes sons, algúns referentes coñecidos aparecen e desaparecen, como o son dunha campá, dun barco, do vento. O encantamento do son, a multiplicidade de referentes e a escena construída producen unha experiencia única, moi sensible, e chea de encantamento. 

Composición para piano IX (2014): Os son cotiáns están cheos dun potencial musical que pode ser revelado de forma insospeitada. Nesta obra Edson Zampronha utiliza soamente nove notas que foron extraídas dun timbre, dunha espiral que se estira e reverbera. Partindo dun material aparentemente moi lonxe do musical, estas notas constrúen o material harmónico da obra e sorprenden por facer posible construír unha linguaxe poética, bela e moi achegada ao oínte. Ademais, a súa narrativa e moi novidosa. Os fragmentos musicais sucédense e dan forma a unha linguaxe baseada na idea de adaptación: cando un fragmento se repite, adaptase ó novo contexto sonoro e transfórmase. Un fragmento transforma ó outro, e todos empezan a compartir certas características, para construír unha poética cunha expresividade moi especial e única.

El Gran Zumbidor (2013): El Gran Zumbidor é unha obra acusmática que explora o potencial xestual e tímbrico dalgúns instrumentos musicais brasileiros.O instrumento central é o zumbidor, presente nas culturas indíxenas do Brasil, e que consiste nunha lámina de madeira atada a unha corda que o músico xira a gran velocidade sobre a súa cabeza. O seu timbre transformase e potenciase a través de recursos electroacústicos, e a súa xestualidade é transferida ós demais instrumentos incluídos na obra: o berimbau, o pau de chuva e as frautas indíxenas. O potencial tímbrico destes instrumentos é notable, e a tecnoloxía fúndese con eles para producir un híbrido sonoro que revela sonoridades insospeitadas. O centro poético da obra é este hibridismo, xerando un choque exuberante entre un certo recoñecemento dos instrumentos utilizados e algunhas imaxes sonoras irreais para unha culminación nun gran final apoteósico. El Gran Zumbidor foi composta para o proxecto Autoctofonias, realizado polo CMMAS (Centro Mexicano para la Música y las Artes Sonoras) co apoio do Programa IBERMÚSICAS.

Attacchi(2015): Attacchi é uhna improvisación estruturada para piano e electroacústica en tempo real. Os sons do piano son capturados e parte do seu espectro é transformado en sons que son proxectados cara a expandir o universo expresivo e tímbrico do piano. A expresividade é expandida de forma notable, a xestualidade do piano é amplificada a través dunha resposta sonora que vai máis aló das nosas expectativas, e ai un certo aspecto máxico que contribúe á construción dunha experiencia musical sensible e moi impactante.


 

EDSON ZAMPRONHA foi galardoado con dous destacados premios da Asociación de Críticos de Arte de São Paulo (Brasil) e foi o vencedor do 6º Premio Sergio Motta, o mais importante en Arte e Tecnoloxía de Brasil, pola instalación sonora “Atractor Poético” realizada co Grupo SCIArts.

A súa obra ofrece unha nova expresividade á escena da música clásica avanzada: unha nova perspectiva que abre camiños orixinais para a experiencia musical e para a investigación sonora, conectada cunha comunicación moi convincente co público.

Ten recibido encargos de diferentes grupos e institucións, como do Museo para las Artes Aplicadas en Colonia (Alemania); da Fundación de la Orquesta Sinfónica del Estado de São Paulo - OSESP (Brasil); do Centro Mexicano para la Música y las Artes Sonoras - CMMAS (México), e da Banda Sinfónica del Estado de São Paulo para o 100º aniversario da Pinacoteca do Estado de São Paulo (Brasil).

As súas obras foron presentadas nalgunhas das principais salas de concerto de música clásica e contemporánea, como no Auditorio 400 do Museo Nacional Reina Sofía en Madrid, España; no Centre de Birmingham (CBSO), Inglaterra, e na Sala São Paulo, Brasil.

As súas composicións están incluidas en tres CDs monográficos (Sensibile, Modelagens e S’io Esca Vivo) e en outros quince CDs lanzados por diferentes selos discográficos. O seu catálogo inclúe máis de 100 obras para orquestra, banda sinfónica, ópera, coro, ballet, teatro, instalación sonora, música electroacústica, música de cámara e cine.

É autor do libro Notação, Representação e Composição, e organizou outros cinco libros sobre música. Ten máis de 30 artigos publicados. É Doutor en Comunicación e Semiótica – Artes, pola Universidade Católica Pontificia de São Paulo, e esenvolveu unha investigación de Pos -doutorado en Música na Universidade de Helsinki (Finlandia). É Profesor Consultor na Universidade Internacional Valenciana, España.

Zampronha
 

< ATRÁS

USC Campus Terra Deputación de Lugo Vicepresidencia Primeira Concello de Lugo