Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

6 de maio

6 de maio.Casa do Saber 20.30 horas

 

Escoita de obras electroacústicas

Miniaturas Sonoras (2015)*-Inmaculada Cárdenas

Periferias (2011)-Arturo Vaquero

Praia das Catedrais (1998-2007)- Inmaculada Cárdenas

*Estrea absoluta

 

Miniaturas Sonoras: Pezas audiovisuais de curta duración ( entre un minuto/ minuto e medio) que traballan o instante cargado de significado. Poderíamos definilas tamén como poemas sonoros nos que a emoción da imaxe e o son substitúen á palabra e deixan a esta tomar a renda da expresión artística.

Periferias:Paisaxe sonora en formato audiovisual que describe o contraste entre os sons do mundo rural e os sons da cidade que conviven en harmonía nas periferias das mesmas. Os sons utilizados están gravados nos arredores de Abrigueiro e a cidade de Lugo

Praia das Catedrais :Música electroacústica con soporte visual publicado en el DVD "O Grupo de Creación Musical en Concerto" 2007.Fotos de Santiago Cano, montaxe de vídeo Arturo Vaquero . Producido pola Universidade de Santiago de Compostela

CONCERTO

Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS)

Equivalencias sonoras (2015)*.

1.-Números

2.-Constelacións

3.-Pentagramas”

Música experimental para voz, percusión e electrónica

Mónica Álvarez, Efraím Díaz e Arturo Vaquero

*Estreas absolutas

 

Os autores intentan amosar distintas simboloxías da experimentación e a metáfora do son presente en todo no universo, nas tres partes desta obra

 

Na primeira parte -Números - os músicos dialogan entre eles con articulacións curtas e abruptas , números , simboloxías de voz e calculadoras , binario, ábacos e percusións primarias, secundarias, ternarias … A música son números , o son son números.

 

Na segunda parte -Constelacións- fan unha viaxe pola simboloxía gráfica do universo creando texturas atonais longas e sostidas, con movementos orbitais lentos e ondas senoidais , paz e inquietude, estrelas e distancias, planetas, física , movemento …

 

Na terceira parte -Pentagramas- volvemos a un dos momentos mais coñecidos dos sons da música e a súa representación en notas musicais, pentagrama, harmonía, cadencias, arpegios, ritmo, tonalidade dende a visión sonora do GCSUS…

 

 

GRUPO DE CREACIÓN SONORA DA USC (GCSUS)

 

Nace, baixo a dirección de Inmaculada Cárdenas, como Grupo de Creación Musical da USC (GCMUS) cambiando o seu nome no ano 2012 polo de GCSUS co obxecto de adecuar a súa denominación aos seus proxectos que están máis cerca do concepto de arte sonora, aínda que sen renunciar á palabra “música”. As súas propostas van, dentro da música experimental, desde a música electroacústica e as intervencións e instalacións sonoras ata as paisaxes sonoras.

 

Desde 1995 o GCSUS recorreu un longo camiño na creación sonora,  publicando cinco traballos: o CD Música & Arquitectura (2001), a ópera Serea e o contador de contos (2002), o DVD O Grupo de Creación Musical en concerto (2007), o CD Música e entorno (2009) e o DVD Música, espazos e cidade (2012).

 

Os membros do grupo foron cambiando ao longo do seu percorrido, pero non se pode deixar de citar a aqueles músicos que se implicaron fondamente traballando co grupo ao longo da súa traxectoria, como Bruno Otero Pedre, Fernando Mourenza Fernández, Juan Astray Rey ou Ricardo González Blanco. A incorporación de Efraím Díaz no 2011 veu sumarse aos tres que durante case unha década foron os membros permanentes do grupo: Mónica Álvarez, Arturo Vaquero, Inmaculada Cárdenas, que exerce tamén como directora.

 

O Grupo de Creación Sonora colaborou con outros grupos da USC, como o Espazo de Danza e a Aula de Teatro. Co Grupo tamén teñen colaborado e colaboran artistas plásticos como Jesús Otero-Yglesias ou a profesora Terencia Silva.

 

As súas obras programáronse en foros nacionais como Punto de Encuentro, Festival de Teatro de Cádiz, o LIEM de Madrid, Festival Electroacústica de Barcelona e en festivais internacionais como o Festival de Synthèse en Bourges, Francia ou o Festival Internacional de Música Contemporánea da Habana. As súas propostas escoitáronse en cidades estranxeiras e nacionais como Nova York, Lima, México, A Habana, Boloña, París, Valencia, Madrid, Palencia, Cádiz, Santiago de Compostela…

 

Dende a perspectiva da formación o GCSUS promove e organiza habitualmente cursos e foros nos que os alumnos participan na creación de propostas.

 

Obras do GCSUS e de Inmaculada Cárdenas poden atoparse en Internet no net label Alg-a onde están reeditados os CD Música & Arquitectura, Música e entorno e Concierto para Esculturas Sonoras de Espacio Permeable e tamén en vídeos musicais en YouTube onde se poden atopar obras como Praia das Catedrais ou o concerto en directo para piano preparado, voz e electrónica Ensaio

 

Relación de obras creadas e editadas polo GCSUS:

2001: Música&Arquitectura

2002: Ópera SEREA E O CONTADOR DE CONTOS

2007: O Grupo de creación musical en concerto

2009: Música e entorno

2012: Música, espazos e cidade

Mónica Álvarez, Efraím Díaz e Arturo Vaquero
GCSUS
 

< ATRÁS

USC Campus Terra Deputación de Lugo Vicepresidencia Primeira Concello de Lugo