Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Lubicán 2015

do 27 de febreiro ao 18 de xuño

20:30 h

CASA DO SABER - Vicerreitoría de Coordinación

ENTRADA GRATUÍTA
ATA COMPLETAR AFORO

Chegamos neste ano a oitava edición do ciclo LUBICÁN, programa co que se pretende achegar ao público lugués a música de de grupos galegos con diferentes estilos, ademais de promover a xénese de novas formacións e que se organiza ao abeiro do convenio LUGO CULTURAL

CONCERTOS:

27 de febreiro (+info)

Emilio Rúa

presenta Destino Sur

 

O músico e cantautor ourensán Emilio Rúa abre a programación desta oitava edición do Lubicán cun concerto de presentación do seu último traballo, ‘Destino Sur’, o quinto da súa carreira discográfica.

Formación:

Emilio Rúa: Guitarra acústica e voz principal

Marcos P. Saburido: Batería e percusións

Diego Pérez: Contrabaixo e coros

Jose Gayoso: Guitarra acústica, mandolina e dobro

 

12 de marzo (+info)

PANDEIROMUS

presentan TEÑO DÍAS

Pandeiromus,  a primeira banda masculina de pandereiteiros do panorama galego creada en Santiago de Compostelá en 1992. Esta formación, ligada desde o seu nacemento á música tradicional e especialmente atraída pola tradición oral e a música instrumental traerá a Lugo o 12 de marzo o seu terceiro disco, ‘Teño Días’, que é a primeira entrega da triloxía ‘Teño días, teño noites’.

Formación:

Rafa Iglesias: Voz percusións (pandeireta, caixa, lata, tambor, cunchas, pandeiro, bombo)

Alfonso González: Voz, percusións

Topo Vidal: Voz, percusións, gaita, flauta

Roberto Grandal: Acordeón

Xesús Rodríquez: Percusion, gaita

 

9 de abril (+info)

GUADI GALEGO

presenta lúas de outubro e agosto

 

Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical galega volverá no mes de abril ao Lubicán para presentar o seu último traballo, ‘Lúas de outubro e agosto’, “un canto de amor á muller e á liberdade”, como a propia autora define o que é o seu segundo disco en solitario.

 

29 de abril (+info)

OS D’ABAIXO

presentan Ao vivo en Lorient

 

O grupo de folk galego Os d’Abaixo, unha formación xurdida alá polo 2010 na bisbarra de Compostela a iniciativa de sete músicos locais que acordaron xuntarse para acompañar as sesións de baile galego e festas tradicionais que se celebraban na contorna, visitará a capital luguesa presentar o que é o seu primeiro traballo discográfico ‘Ao vivo en Lorient’, no que recollen algunhas das cancións interpretadas no Festival Intercéltico de Bretaña.

Formación:

Xacobe Varela: gaita, bouzouqui e voz

Richi Martín: percusión

Gonzalo Goas: guitarra acústica e voz

Xosé Ramón Vázquez: acordeón

Roberto Rama: gaita e saxo soprano

Quim Farinha: violín

 

4 de xuño (+info)

Puntada sen fío

presentan A lúa prendeu a luz

 

O trío musical Puntada sen fío, grupo de recente creación formado por Xiana Lastra, voz, Juan Collazo, percusión, e Roberto Rama, saxo e gaitas, presentará en Lugo os temas incluídos no seu primeiro traballo ‘A lúa prendeu a luz’, un disco que compila nove temas moi diferentes co pasado como nexo común .

Formación:

Xiana Lastra, voz

Juan Collazo, percusión

Roberto Rama, saxo e gaita

 

18 de xuño (+info)

Clave de Fado

en concerto

O grupo independente Clave de Fado, que vén de presentar o seu primeiro traballo, ‘Xanela’ pechará o Lubicán 2015 cun concerto no que ofrecerá un repertorio variado, no que, partindo do fado, interpretará diferentes estilos musicais que permitirán apreciar a virtuosa voz de Iría Estévez.

Formación:

Iria Estévez: voz

Paco Dicenta: contrabaixo

Isaac Garabatos: viola caipira

Gonzo Piña: guitarra española

USC Campus Terra Deputación de Lugo Vicepresidencia Primeira Concello de Lugo