Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Pablo Menéndez

5 de maio ás 20.00 horas

 

PABLO MENENDEZ

 Guitarra


Programa

I

Johann Sebastian Bach (1685-1750)

Chacona de la Partita en Re menor BWV 1004

 

Emilio Pujol (1886-1980)

Tres piezas españolas

Tonadilla

Tango

Guajira

 

Franz  Schubert (1797-1828)

Drei Lieder

Die Post

Ständchen

Die Fischermädchen

 

II

Fernando Sor (1778-1839)

Fantasía 7 op.30

 

Joaquín Rodrigo (1901-1999)

Sonata Giocosa

Allegro moderato

Andante moderato

Allegro


PABLO MENÉNDEZ, guitarra clásica

Cangas del Narcea (Asturias), 1992. Comeza os seus estudos musicais á idade de 10 anos na Escola de Música Municipal de Cangas del Narcea, baixo a tutela de Javier Quevedo. Posteriormente, continúa os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Xixón coa profesora Isabel Seoane, rematando no ano 2010 e obtendo o Premio ó mellor expediente académico da súa promoción. Realiza os seus estudos superiores de música no Centro Superior de Música do País Vasco (Musikene) co prestixioso concertista Marco Socías, ao tempo que cursa estudos de música de cámara co profesor Antonio Duro, rematando a súa carreira coas máis altas cualificacións. Complementa tamén a súa formación acudindo a cursos de perfeccionamento técnico e musical con profesores como David Russell, Pablo Márquez, Zoran Dukic, Ricardo Gallén, Margarita Escarpa, Marco Smaili…

Foi galardoado en varios concursos tanto nacionais coma internacionais, a destacar o IV Certamen de Guitarra Valle de Egüés, os Premios Honoríficos David Russell para novos talentos, o IV Concurso Hispano-Luso de Fafe (Portugal), o II Concurso Juan Crisóstomo de Arriaga, ou o Concurso Villa de Zarautz.

Actuou como solista con orquestra coa Orquesta Sinfónica do Conservatorio de Xixón, resultado da vitoria no Concurso de Jóvenes Intérpretes de Xixón. Como solista, deu recitais ó longo de toda a xeografía española, destacando especialmente o seu debut na sala Luthier de Barcelona, en marzo de 1014.

Tamén gravou para a Radio/Televisión de Galicia un DVD con música de Fernando Sor como resultado da vitoria nos Premios David Russell.

Como músico de cámara, foi membro de múltiples agrupacións, destacando especialmente o frutífero traballo co prestixioso tenor asturiano Joaquín Pixán, xunto con quen gravou un CD para a discográfica Andante, con música do século XIX para guitarra, piano e voz. Tamén traballou a faceta de músico orquestral, formando parte da Joven Orquesta Nacional de España, como único guitarrista do cadro orquestral para a reconstrución do Winterreise de Hans Zender, dentro do Festival de Música y Danza de Granada, en xuño de 2014.

Na actualidade, Pablo Menéndez encóntrase realizando un máster en interpretación musical no Conservatorio de Maastricht (Países Baixos), como alumno do afamado guitarrista Carlo Marchione.

Pablo Menéndez
 

 

< VOLVER

USC Campus Terra Deputación de Lugo Vicepresidencia Primeira Concello de Lugo