Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Dúo de violín e piano

21 de abril ás 20.00 horas

 

Julen Zelaia, violín

Laura Delgado, violín

Anna Mirakyan, piano


I

Jean-Marie Leclair (1697-1764)

Sonata para dous violines en sol menor op.12 núm.5

I. Allegro ma poco

II. Aria-Gratioso

III. Presto

Julen Zelaia, violín

Laura Delgado, violín

 

 

Ludwig van Beethoven (1770-1827)

Sonata para violín e piano núm.9 en la mayor op.101

I. Adagio sostenuto-Presto-Adagio

II. Andante con variazioni

III. Presto(37 min.)

Laura Delgado, violín

Anna Mirakyan, piano

 

 

 

II

Eugène Ysaÿe (1858-1931)

Sonata para violín solo en mi maior op 27 núm. 6

Julen Zelaia, violín

Jean Sibelius (1865-1957)

Humoresque para violín e piano en mi bemol mayor op.89 núm.3

Julen Zelaia, violín

Anna Mirakyan, piano

 

 

Pablo de Sarasate (1844-1908)

Navarra op.33

Julen Zelaia, violín

Laura Delgado, violín

Anna Mirakyan, piano


DÚO DE VIOLÍN E PIANO

JULEN ZELAIA,violín

LAURA DELGADO, violín

ANNA MIRAKYAN, piano

Julen Zelaia, violín. Iruñea, 1995. Comezou os seus estudos musicais de violín con seis anos no Conservatorio de Música de Irún, coa profesora Raffaela Acella, quen o formou ata que rematou o Grao Medio. Tamén recibiu clases de música de cámara, sendo membro do cuarteto Egunsentia e, dende os dez anos, asistiu ós Cursos de Verán de Astorga e Llanes co docente José Ramón Hevia. Recibiu tamén clases de profesores como Pablo González, Evgueni Grach, Keiko Wataya, Paul Silverthorne, Cyrus Forough, Ilya Kaler, Vadim Repin e Sergey Kravchenko. É alumno da Escuela Superior de Música Reina Sofía dende o curso 2010-2011 na Cátedra de Violín, coa profesora titular Ana Chumachenco. En xuño de 2011 recibiu de mans da Súa Maxestade a Raíña a Mención de Alumno más Sobresaliente da súa cátedra. Goza de bolsa de matrícula Fundación Albéniz. En 2004 gañou o Primeiro Premio na categoría B do Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes. En 2009 foi gañador da fase autonómica celebrada no Teatro Arriaga en Bilbao, o que o levou a ser o representante da Comunidade Autónoma Vasca en Madrid para participar no VIII Certamen Nacional de Interpretación Intercentros Melómano, onde obtivo o Primeiro Premio e Premio ó Mellor Intérprete de Corda. Formou parte da Orquestra Sinfónica de Irún, coa que foi concertino e actuou, como solista, coa Joven Orquesta do Conservatorio de Irún e a Banda Municipal de Música de Irún. Igualmente, participou no Curso Internacional de Verán de Solsona en 2008 e, un ano máis tarde, formou parte dos Cursos de Verán “Bilbao Arte eta Kultura X Topaketak”, como alumno de violín.

Laura Delgado, violín. Zamora, 1993. Comezou os seus estudos co profesor Jesús Ramos Hidalgo no Conservatorio de Zamora, onde permaneceu con el ata a actualidade. Alumna do profesor Lev Chistyakov, nos anos 2006, 2007 e 2008 asistiu tamén á Escuela Internacional de Música Presjovem Ciudad de Lucena, onde recibiu clases de violín de Olga Vilkomirskaya, Alfredo García Serrano, Lina Tur, Pollina Kotliarskaya e David Ballesteros; e de música de cámara, do Cuarteto Casals, Claudio Martínez Mehner e Ashan Pillai. Dende o curso 2011-2012 é alumna da Escuela Superior de Música Reina Sofía, na Cátedra de Violín coa profesora titular Ana Chumachenco. En xuño de 2014 recibiu de mans da Súa Maxestade a Raíña a Mención de Alumna más Sobresaliente da súa cátedra. Goza de bolsa de matrícula Fundación Albéniz e Jaime Castellanos. Recibiu leccións maxistrais de Mauricio Fuks e Eduard Grach. En maio de 2010 obtivo o Primeiro Premio da categoría A de solistas no I Concurso de Interpretación "Claudio Prieto" de Palencia. En maio de 2011 obtivo o Segundo Premio e o Premio Jesús de Monasterio ó Mellor Intérprete de Música Española na categoría xuvenil do IX Certamen Internacional de Violín Violines por la Paz, en Torres (Jaén). En 2007 ingresou na Joven Orquesta de Castilla y León, na que tocou baixo a dirección de mestres como Rubén Gimeno e Jesús López Cobos. Como alumna da Escuela, forma parte da Orquesta Sinfónica Freixenet, dirixida por Jesús López Cobos, Pablo González, Víctor Pablo Pérez; da Orquesta de Cámara Freixenet, baixo a batuta de András Achiff e Eldar Nebolsin; da Orquesta de Cámara Sony, baixo a batuta de Maximiano Valdés e Antoni Ros Marbà e da Camerata E.ON da Escuela Superior de Música Reina Sofía, baixo a dirección de Gordan Nikolić e de Günter Pichler, co que actuó como solista. Actualmente é membro do Cuarteto Óscar Esplá de Asisa, baixo a tutela de Heime Müller, co que, en xuño de 2014, obtivo de mans da Súa Maxestade a Raíña a Mención de Cuarteto de Cuerda más Sobresaliente na súa especialidade.

Anna Mirakyan, piano. Erevan (Armenia), 1981. Comezou os seus estudos de piano á idade de 7 anos na Escola Especial de Música Tchaikovski. Entre 1988 e 1995 estudou coa profesora Lilit Markaryan e de 1995 ata 2006 estudou coa profesora Rosa Tandilyan. Durante os seus estudos na Escola, realizou numerosos concertos no seu país e deu varios recitais. Con 13 anos gañou os concursos Arno Babadjanyan e Bach en Erevan. Posteriormente accedeu ó Conservatorio Superior Estatal "Komitas" de Erevan, onde se gradou como profesora, solista, pianista acompañante e música de cámara. No ano 2004 ingresou no Curso de Posgrao como solista deste conservatorio e en 2006 rematou os seus estudos. En 2009 ofreceu varios concertos de cámara no Teatro Real. Dende o curso 2012-2013 é profesora pianista acompañante da Cátedra de Violín da Escuela Superior de Música Reina Sofía, coa profesora titular Ana Chumachenco. Igualmente, dende o ano 2007 é profesora de piano no Centro Superior de Ensinanza Musical Katarina Gurska. En 1999 deu recitais e concertos na Semana Cultural de Armenia en Londres. No ano 2001, participou no Concurso Internacional de Violín Hildegard Pabelich e gañou o Premio como Mellor Pianista Acompañante. Actualmente dá concertos de música de cámara e como pianista acompañante.

Dúo de violín e piano
 

 

< VOLVER

USC Campus Terra Deputación de Lugo Vicepresidencia Primeira Concello de Lugo