Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

Quinteto Ricercata

3 de marzo ás 20.00 horas

 

QUINTETO RICERCATA

Lope Morales, flauta

Carlos Quiñonero, oboe

Saulo Guerra, clarinete

Maria Rosario Martínez, fagot

Pablo Fernández, trompa

 

I

Malcom Arnold (1921-2006)

Three Shanties para quinteto de ventos op.4

I. Allegro con brio

II. Allegro semplice

III. Allegro vivace

 

Paul Hindemith (1895-1963)

Kleine Kammermusik para quinteto de vientos núm. 2 op. 24 (1922)

I. Lustig. Mäßig schnell viertel (Divertido)

II. Walzer. Durchweg sehr leise (Waltz)

III. Ruhig und einfach. Achtel - Im gleichen ruhigen Zeitmass (Tranquilo y fácil)

IV. Schnelle Viertel (Rápidamente)

V. Sehr lebhaft (Muy animado)

 

Jacques Ibert (1890-1962)

Trois pièces brèves (1930)

I. Allegro

II. Andante

III. Allegro scherzando

 

 

II

Samuel Barber (1910-1981)

Summer Music (Música estival) para quinteto de vientos op.31

 

 

György Ligeti (1923-2006)

Seis bagatelas para quinteto de ventos

I. Allegro con spirito

II. Rubato. Lamentoso

III. Allegro grazioso

IV. Presto ruvido

V. Adagio. Mesto

VI. Molto vivace. Capriccioso

 

Luis I. Marín García (1955)

Quinteto de ventos núm.1

 

Manuel de Falla (1876-1946)

De "El amor brujo

Danza del fuego (arreglo para quinteto de ventos)


Quinteto Ricercata

O Quinteto Ricercata creouse no seo da Escuela Superior de Música Reina Sofía, onde recibe a formación dos profesores Hansjörg Schellenberger, Radovan Vlatković e Klaus Thunemann. Os seus integrantes, estudantes da Escuela nas súas distintas cátedras de instrumento, son: Lope Morales, que estudou no Conservatorio de Música de Xaén e no Real Conservatorio Victoria Eugenia de Granada; Carlos Quiñonero, ex-alumno do Conservatorio Profesional de Música de Murcia e do Conservatorio Superior de Música "Manuel Massotti Litel" de Murcia; Saulo José Guerra, formado no Conservatorio Superior de Música de Canarias; María Rosario Martínez, que recibiu formación no Conservatorio Profesional de Música de Valencia; e Pablo Fernández, ex-alumno da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Lope Morales, frauta. Naceu en Xaén (España), en 1991. Estudou no Conservatorio de Música de Xaén, onde obtivo o Grao Medio coa cualificación de Sobresaliente. Cursa 3º de Frauta co profesor Javier Castiblanque no Real Conservatorio Victoria Eugenia de Granada. Dende o curso 2013-2014 estuda na Escuela Superior de Música Reina Sofía, na Cátedra de Frauta, co profesor titular Jacques Zoon. Goza de bolsa de matrícula Fundación Albéniz.

Carlos Quiñonero, óboe. Naceu en Murcia (España), en 1988. Realizou os seus estudos de Grao Elemental e Grao Medio no Conservatorio Profesional de Música de Murcia. En 2011 obtivo a Licenciatura en Dereito pola Universidade de Murcia. En 2012 finalizou os seus estudos de Grao Superior no Conservatorio Superior de Música "Manuel Massotti Litel" de Murcia. Dende 2013 estuda na Escuela Superior de Música Reina Sofía, na Cátedra de Óboe co profesor titular Hansjörg Schellenberger. Goza de bolsa de matrícula Fundación Albéniz.

Saulo José Guerra, clarinete. Naceu nas Palmas de Gran Canaria (España), en 1994. Ós catro anos comezou a tocar o clarinete. É o estudante máis novo que entrou no Conservatorio Superior de Música de Canarias, onde terminou os estudos superiores de clarinete coa cualificación de Matrícula de Honra. Dende 2013 estuda na Escuela Superior de Música Reina Sofía, na Cátedra de Clarinete co profesor titular Michel Arrignon. Goza de bolsa de matrícula Fundación Albéniz.

María Rosario Martínez, fagot. Naceu en Valencia (España), en 1995. Comezou a súa formación musical na Sociedade Musical "L´Artística Manisense" de Manises, en Valencia, co profesor Alejandro Sanchís Botet. Realizou cursos de formación con Salvador Sanchís, Marco Postinghel, Gustavo Núñez, Ovidio Giménez e Miguel Puchol. Actualmente cursa 6º de Ensinanzas Profesionais no Conservatorio Profesional de Música de Valencia co profesor Joaquín Sancho. Dende o curso 2013 é alumna da Escuela Superior de Música Reina Sofía, na Cátedra de Fagot co profesor titular Klaus Thunemann. Goza de bolsa de matrícula Fundación Albéniz e Consejería de Educación da Comunidade de Madrid.

Pablo Fernández, trompa. Naceu en Pontevedra (España), en 1990. No ano 2000 comezou os seus estudos na Escola de Música da Banda Artística de Merza. En 2004 comezou a estudar o Grao Medio no Conservatorio Municipal de Lalín, en Pontevedra, onde recibiu a formación de Xulio Varela no primeiro ano e de Alfredo Varela. Entre os anos 2007 e 2011 foi alumno da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. A continuación, comezou o Grao Superior no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Dende 2013 é alumno da Escuela Superior de Música Reina Sofía, na Cátedra de Trompa Fundación “la Caixa”, co profesor titular Radovan Vlatković. Goza de bolsa de matrícula Fundación Albéniz e Copasa e de residencia Fundación Albéniz.

Quinteto Ricercata
 

 

< VOLVER

USC Campus Terra Deputación de Lugo Vicepresidencia Primeira Concello de Lugo